1616 - 2016


Percorrendo as rúas do barrio das letras é fácil atoparse con pegadas de xentes doutras épocas, como autores do Século de Ouro. Nesta ocasión parei e reparei no nome do coñecido e máis universal escritor español. Sei que os derradeiros anos de Cervantes foron duros, somentes a escrita o liberaba da pobre realidade do seu entorno. El, que foi heroe en Lepanto e incuestionable defensor do rei, non atopou nin sequera unha pequena axuda para viaxar ao Novo Mundo en busca de fortuna. Como os personaxes da súa obra, foi esquecido polos poderosos a quen adicou a mellores obras. Tampouco o éxito do seu Quixote, en vida, impediu a derradeira pobreza económica de Cervantes, quen como bo cristián vello morreu co hábito dunha orde relixiosa e soterrado nun convento de monxas Trinitarias. Mais os senlleiros libros salvan o escritor máis humano que divino, quen chegou a toda clase de xentes coas súas páxinas inesquecibles despois de catro séculos de deixar esas rúas polas que camiñaba, ese foi sen dúbida o maior logro.


Fotografía de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares