Soneto a Greta Garbo

Ábreme as dúas portas da túa casa
quero bicar a túa boca que me deixa
adiviñar o aire cando pasa
o teu corazón envolto nunha abella

Ou ben dicirme podes que che pasa
pálido rododendro triste e vello
baixo a lúa que che pon lasa
mentres che chove o mundo nunha orella

Sen dúbida como adoitas chorar choras
Sen dúbida te ispes á lúa
Sen dúbida de costume adorméntasche

Quero bicar a túa boca nesas horas
mortas que morres ti tamén dunha
supuración de amor algunhas veces


Carlos Edmundo de Ory





Comentarios

Publicacións populares