Miña terra


Cando a dor me corroe
e o corazón estala
e arrabuño no peito resequido
buscando algunhas bágoas,
cando vexo as enrugas
e os fianchos de prata
falandome da morte que me espreita,
outra hora cubizada,
Granada, miña terra,
Granada, miña patria,
non penso nos teus bosques de naranxos
nas tuas hermidas brancas;
penso no cimeterio
desta terra ourensana
frío triste sen frores
tan cheo de sinistras remembranzas...


Francisco Álvarez de Nóvoa


Pinturas de Manuel Gómez Moreno e Ramón Parada Justel




Comentarios

Publicacións populares