Letras galegas 2016



Escuras serras

Escuras serras de Moá e do Courel
alertas sobre a terra quiroguesa
que recende a mimosa, rosa acesa,
loureiro, laranzxo, fiuncho e mel.

Carpaza, casal, camelio, carabel;
carballos amorosos; néboa espesa;
nubes peleriñantes que, sen presa,
demorades no Val, vello e doncel.



Todo é solprendente e verdadeiro
como unha vaga lembranza avivecida
ou o prodixoso canto dun regueiro.

Conformámonos coa arbre frolecida,
co brilo escentilante dun luceiro
e o misterio da lua sobre A Ermida.






Sonetos ao Val de Quiroga
Manuel María


Fotografías de © Emilio Blanco

Comentarios

Publicacións populares