Retratos subxectivos con fondo sonoro
Billie Holiday
A cantante estadounidense Billie Holiday (1915 - 1959) é unha das voces femininas máis persoais do jazz de todos os tempos. A notoriedade de aspectos vitais da artista, nalgúns casos relacionados coa súa dramática existencia, non foi óbice para que a súa arte á hora de interpretar cancións brincase por enriba de mitoloxías que a acompañaron desde o seu nacemento ata a súa morte. Moitas persoas que admiran o cante de Billie Holiday son conscientes do rico legado deixado por ela en diferentes etapas da súa curta existencia artística, iniciada aos 18 anos.
Desde o swing das súas primeiras gravacións ao canto ferido do seu último disco, queda patente a enorme inspiración á hora de facer súa unha canción.
Billie Holiday é ante todo a artista que coa súa voz soubo dar novos folgosao jazz vocal interpretado por mulleres en tempos pouco dados a que unha cantante negra integrásese nunha orquestra de músicos brancos ou que a súa voz relatase a crúa e dramática realidade dos linchamentos por motivos raciais en Estados Unidos, entre outros aspectos dunha sociedade en expasión.
(©Roque Soto Soto, 11 de mayo de 2015)
Comentarios