As cousas son coma son
As cousas son coma son, e ás veces, as máis pequenas grandes misterios. Estas merendando unha pimentada, e no aceite de fritir os pimentos, que xa dixen que se lles bota sal da gorda, rebañas cun anaco de pataca, e co prebe apégaselle a ésta unha area de sal, que ven á boca, e o todo aumenta de sabor, ven ao paladar algo de fondo, i esquisito, que non ousas borralo cun grolo de viño. Son ises intres «chüen» dos «gourmets» da vella China, que Ezra Pound ademira coma algo de indudabre poética calidade e camiño do éstasis.
Álvaro Cunqueiro, A cociña galega, Vigo: editorial Galaxia, 1973, p. 34.
Fotografías de Roque Soto sobre pratos galegos elaborados con peixe e marisco por María Costa
Comentarios