Canción ao río Sil

O noso Sil cando chega
dende o reino de León:
aprende a fala galega
na que di a súa canción!
De Covas a San Martiño
baixa feliz, rumoroso,
contemplando vagariño
este país tan fermoso.
Polo Barco o seu caudal
é un vidro transparente:
todas as vides do Val
se ollan na súa corrente!
Meu río Sil… Dime si
te lembras das aureanas
que che arrincaban a ti.


Cancioñeiriño de Valdeorras
M. Outeiro Hortas (Manuel María)

Fotografías de © Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares