Mariña

Beira do mar
Un silenzo de brétema
é o enterro da tarde fracasada
Inconcretamente
teño unha voce Eu
e a onda infinda
amigante
repétema.
Fose o veleiro canso
Diluéuse
no táxico da brétema
do lonxe
do serán e do mar
E suxeréuse
a visión cavilosa da neurosis don monxe.
Na alameda noiturna
misántropo cada farol
case non se adiviñan as mudeces que choran
Volve do mar un son
Algo
(non se sabe in chega)
sintese vir encol.


Con anacos do meu interior
Manoel Antonio (1900-1930)


Fotografías de © Roque Soto






Comentarios

Publicacións populares