A victoria da barbarie primitiva

No primeiro día cubriron cincuenta millas e chegaron a Sixty Mile, e na segunda xornada xa estaban remontando o Yukón en dirección a Pelly. Pero estas espléndidas etapas fixéronse con non poucos desgustos e preocupacións para François. A insidiosa sedición provocada por Buck destruíra a compenetración dos equipo. Xa nopn era como se un único can tirase da zorra, pois a ousadía que Buck infundía nos rebeldes levábaos a cometer toda clase de falcatruadas. Spitz xa non era un líder temido; pérderanlle o respeto e desafiaban a súa autoridade. Unha noite Pike rapinoulle a metade da súa ración de peixe e enguliuna coa protección de Buck. Outra noite Dub e Joe pelexaron con Spitz cando este pretendía impoñerlles un castigo. Buck nunca se achegaba a Spitz sen gruñir e regañar os dentes ameazadoramente, e a súa conducta era a dun fanfurriñeiro peneirándose diante dos propios fociños de Spitz.


A chamada da selva
Jack London


Ilustración The call of the wild, de Owen Smith






Comentarios

Publicacións populares