Banda de xitanos (pormenor)
Fun
a un recuncho, e tamén vin pasar os da basca. Eran aqueles da city cos que
compartín nenez e mocidade, unha rapazada guapa, leda, ruidosa e
maqueada a súa maneira. Algúns daban chimpos co joint colgado dos beizos
e outros facíano con ollos brillantes de darlle a perica, pero non
paraban de moverse polo recinto ateigado de xente como si levaran un
foguete metido no cu.
Pechei os ollos. Na mara estaban todos. Que gavilla, de seguro que rematarían a festa escoitando jazz no pub de sempre, onde darían boa conta da cervexa. Quedei durmido sentindo os máxicos sons de Hendrix e Cia. Cando espertei, todo estaba baleiro, así que corrín cara ás portas de saída. O pazo estaba pechado.

Contos do fondo do lugar
© Roque Soto Soto
Comentarios