ILUSTRACIÓNS DE XAIME QUESADA NA SÚA NOVELA LUCENZA














Outros enfoques


Xaime Quessada, narrador
Lucenza 
Editorial Sotelo Blanco
Santiago de Compostela
1989

Xaime Quesada Porto (1937-2007) é un dos artistas plásticos máis importantes da segunda década do século XX en Galicia. Ata a súa morte, constitúe unha referencia das múltiples facetas que desenvolveu: debuxante, pintor, gravador, muralista, ilustrador e cartelista, só son unhas cantas facianas do artista ourensán, que incluso se atreveu coa narrativa dun xeito singular, como á súa personalidade. 

En concreto da súa novela Lucenza, editada por Sotelo Blanco no derradeiro ano da década de 1980 van as ilustracións do Quesada que engadía dúas eses o seu primeiro apelido. A novela é un torrente de palabras e imaxes na que o humor está en todas a partes. Como dixo Manuel Vázquez Montalbán: "Quessada traslada a súa retina de pintar a mirada narrativa, esa mirada que propón compartir co lector".

Comentarios

Publicacións populares