Ergueronse ventos do noroeste
De golpe, levantouse a calema, a mar xorda, e montañas de augas remontaban a barra e batían os fortines. Tras a calema veu unha calma, e trala calma erguéronse os ventos do noroeste. Algúns barcos de cabotaxe entraran fuxindo das borrascas e na praia quedaron esnaquizadas dúas barcas. As olas escuían cadávares por riba da barra (cadáveres medio desfeitos polas quenllas, vidos quen sabe de onde nin con que nome). Se emborcaran varias canoas e afogándose varios krumen, brancos e negros. Cando isto ocorría (e ocorría case todos os anos), en Galiñas preparábanse botes para recoller aos náufragos.
Pedro Blanco, el negrero
Lino Novás Calvo (1903-1983)
Pintura de Gudin Théodore e Jean Pillement
Comentarios