Final, the end
Non, non estou morto.
Marchei para o mar. Singro por un mar azul na morada do pai. O pai recolle as redes. Chegamos a terra cargados de pesca.
...
Aquí nestes caladoiros dos mortos, non hai cupos de pesca.
Aquí, no abismo da eternidade, xazo frío e só.
Oio o murmurio das árbores. A mañá está despexada e azul.
Aínda hai xente sumida no sono, papá e mamá dormen na casa. Mamá axítase tan pronto como entro. Tiro os zapatos e mais o abrigo. Teño o abrigo gastado e roto.
Mamá oe algo e sae da cama. Non me ve por ningures, mais ve o abrigo que está tirado no chan. Cando se agacha para collelo vólveselle po nas mans.
Do po xorde un paxaro que marcha voando e desaparece. Cando mamá abre os ollos, está saíndo o sol.
Anxos do universo
Einar Már Gudmundsson
Fotogramas do filme Angels of the universe
Comentarios