No escuro
¡Noite diante dos ollos!
¡Noite no pemsamento!
¡Costa enriba caindo,
sen ver onde tropezo!
Soio unha espranza,
o raio aceso
dunha estreliña
¡Burlado dos alleos!
¡Afundido na sombra!
¡Magoado polo peso
dunha xusticia en feira
escrava do diñeiro!
Soio un consolo
pon no meu peito
a lus da estrela
que brila o lexos.
Fuxan os Ventos
Cara Outeiro. Fotografía de © Sam Rock
Pintura de © Thomas Crowell
Comentarios