Os nosos devanceiros
Paleopaisaxe
Florentino L. Cuevillas
Nos tempos findeiros da nosa protohistoria a terra galega tiña acabado, había moito tempo, a súa presente feitura. As rías rematarán de afundirse. e o mar penetrara xa longamente entre os montes. As grandes serras, denantes irtas e arestadas, tornáronse dondas a poder da choiva e do vento: e os ríos deixaran de seren os xigantes bruadores doutras épocas, rexos e remotos arquitectos de grandes esqueiras xeolóxicas, e camiñaban calmos polos fondos seos por onde agora camiñan, namentras os regueiros asucaban as abas dos montes, seguindo as mesas corgas polas que oxe decorren.
Por moitas das súas características, a Galicia de entón asemellábase á que miramos nos nosos días, e podía chamárselle, como lle teñen chamado moitos escritores modernos, doce, mol e femenina; calificativos xustificados polo engado garimoso dunha gran parte da nosa beiramar e polo arreondeamento das nosas montañas, mais que non ten xustificación nos beizos de quen houbera ollado o val do Miño por riba dos Peares, ou o val do Sil ao pé de Cabeza da Meda, ou o val do Bibei nos Codos de Larouco; porque no noso país, como na maneira de ser das xentes que nel viven, os temas heroicos e os acenos de epopeia non se maosan nin berran en lugares que todo o mundo poidas velos e ouvilos, senón ue se acochan nos fondais onde soio os ollos, que o amor fai agudos, teñen poder pra albiscalos.
Fotografías de Emilio Blanco "Milucho"
Florentino López Cuevillas (1886 - 1958)
Comentarios