Sona a canción de Minas tou mélitos

Durme esta noite nos meus brazos
como unha estrela;
non queda ningunha esperanza
no mundo.
Agora que a noite
borda con bicos o teu corpo,
mide a dor
e déixame en soidade.

Se te acordas do meu sono,
espero que veñas
cunha canción da rúa,
que veñas, sono meu,
no verán que brilla a estrela
para enchernos de luz.

Agora que a noite
borda con bicos o teu corpo,
mide a dor
e déixame en miña soidade.
Cunha canción da rúa,
que veñas, sono meu,
no verán que brilla a estrela
para enchernos de luz.


Se te acordas do meu sono
Mikis Theodorakis

Xeste ao bouzuki co Circo das Pulgas. Fotografía feita por Sam Rock.

Ioanna popaganda.gr/





Comentarios

Publicacións populares