Viaxe na enchente lúa

Aquí sufro un soño aluado,
muda, sen lle poder dicir ó meu ben
que antes que a morte me veña
quero para-la roda do tempo
e renacer entre as súas maos.

Que antes que a morte me chame
hei de beber na súa longa ferida
cunha sede talmente vella,
coa súa sede e a miña sede
que xuntas non fan máis que unha.

Porque hei ser anaco de mar
recén parido, mel, froitos e viño,
terra aberta no recoveco
dos brazos do  meu grande amor
antes que a morte me vexa.



O vasalo da armadura de prata
Pilar Cibreiro


Fotografía @mt.sign




Comentarios

Publicacións populares