12 de xuño

Non prestei atención á súa tremorosa confusión, e os meus beizos rozaron a súa tenra meixela. Estremeceuse, pero non dixo nada. Nós iamos detrás, e ninguén viu nada. Cando demos saído á beira puxémonos todos ó trote. A princesiña parou o seu cabalo, e eu quedei onda ela. Estaba visto que o meu silencio a desacougaba, mais eu propúxenme non dar fala por aquilo da curiosidade. Quería eu ver como se apañaba ela para saír daquela situación encerellada.

- Ou me desprecia vostede, ou moito me ama! -dixo ela por fin cunha voz na que se notaban as bágoas-. Tal vez queira vostede facer risa de min, confundi-la miña alma e despois deixarme... Iso sería unha infamia, unha baixeza tan grande que tan só de imaxinalo... Ah, non! Non é certo? -engadiu cunha voz tenra e inxel-.



Un heroe do noso tempo
Mijaíl Iurevich Liérmontof


Fotograma do filme Герой нашего времени


Comentarios

Publicacións populares