Amigo do demo

Deixeime caer por Reno, perseguido por vinte cans. Non ía durmir aquela noite ata que chegase outro día. Púxenme a correr pero tomei o meu tempo, un amigo do diaño é amigo meu. Se chego a casa antes do abrente quizais poderei descansar un intre ata a noite.

Acudín ao diaño, nena, e prestoume 20 pavos. Fixen noite en Utah, nunha cova dos outeiros.

Corrín cara ó embarcadoiro pero o diaño paroume. Tomou o meu billete de vinte e esvaeceuse no aire.

Teño dúas razóns para chorar en noites solitarias.

A primeira chámase Anne Marie, a delicia do meu corazón.
A segunda é a prisión, nena
O sheriff está sobre a miña pista e se me atrapa pasarei a vida no cárcere.


Deixei unha dona en Chino, e outra en Cherokee. A primeira dicía que tivera un fillo pero que non se asemellaba a min.


Canción, Friend of the devil, de Robert Hunter, no disco American Beauty, do grupo do galego García, Grateful Dead. Sí, o elepé da rosa na portada.

Fotografías de © Henry Diltz


Comentarios

Publicacións populares