Pampónigas
Longas como unha viaxe en vagón de terceira, as pampónigas máis que meterme medo, producíronme curiosidade. No meu caso, fai moitos anos, quitáronlle protagonismo ao felo, ese personaxe entre demo e pegachón, coa súa vasoira de toxos para defenderse e defender as moedas que lle tiran.
Por enriba da estatura dun home e medio, a parella resultoume simpática, talvez polos seus movementos sincopados, sen brazos ameazantes e cara de circunstancias. Quizais eses mesmos motivos causaron curiosidade a quen captou esta imaxe de romaría da Ermida, nome de orixe greco-latino, ερeημς, ermo.
Fotografía de Mariña
Comentarios