Canto ó Sil

O río ó ras cheo d´auga e destino ó paso
flui flumen pr´onde foi xa o Sol tragado
todo o ouro volto prata /gris raspado/
en mil sarillos e aneis cruzados
sumándose ó caudal da noite tamén alto.

Il non precisa de nós nin diste canto
xa ela sola
Naturaleza é forma dalgo
mais cabe en min e quedo chego ó outro lado
coma cando a polas doncelas dun salto
foi do cabalo de Roldán ralvado.

Niste aire quente e calmo imos amigo Lauro
con todo o tempo pra miralo
como se nin a él nin a nós agardara o Oceano
e non o viramos perderse eí a corto tramo
i ó pechar a noite nela desembocando.





Uxío Novoneyra

Fotografías de © Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares