Co emprego dos útiles axeitados e do saber propio do oficio, o carpinteiro de obra ou de taller é capaz de facer obras e obxetos funcionais necesarios para a nosa vida cotiá. A maioría do equipamento campesiño e o mobiliario doméstico son obra deste especialista artesán: camas,. mesiñas de noite, armarios, mesas de comedor, chineiros e aparadores, escanos, bancos, artesas, maseiras, petos e toda outra serie variada de mobiliario axustado ás necesidades e gustos dos clientes de cada época.
As súas obras contribúen a dar contido ao noso mobiliario galego, no que é doado apreciar unha harmonía e inspiración marcadas polas condicións da contorna, a calidade das madeiras empregadas, as posibilidades económicas dos clientes e a capacitación técnica deste profesionais.
Entre outras pezas estes artesáns realizán portas e ventás, chineiros de dous corpos, o inferior para os pratos e cuncas da vaixela ou e o superior para a cristalaría fina; mesas de comedor extensibles provistas de patas torneadas ou lisas, cadeiras de madeira e bancos de sentar e moitos apeiros de labranza. Todos eran construídos por estes artesáns nos propios obradoiros que teñen nun alpendre instalado á beira da casa, antes de os instalar nas casas dos clientes.
Os carpinteiros entréganlles aos clientes as obras realizadas integramente coas súas mans, o que incorpora ao mobiliario especifidade, orixinalidade e a dimensión humana que non se atopa nos mobles das fábricas industriais actuais.
As veces, ao carpinteiro de taller tamén se lle chama ebanista, pero este nome refírese máis ben a ese carpinteiro de taller tamén se lle chama ebanista, pero este nome refírese máis ben a ese carpinteiro especializado, cunha cualificación que cobre varias tarefas que noutro tempo eran oficios distintis, como escultores, torneiros de madeira, marquetería, modeladores etc.
Adoitan facer traballo máis fino que os carpinteiros de obra ou de taller, como mobiliario de estilo ou reproducción e restauración de mobles antigos, empregando as mesmas materias primeras e esencias que ad do moble orixinal, aínda que nunca se esquecen de pór un pouco da súa creatividade.
Técnicas artesanais tradicionais
José Antonio Fidalgo Santamariña e Fátima Braña Rey
Pintura Carpinteiro no taller, de Carl Larsson
Comentarios