CARLOS CASARES
Letras Galegas 2017
15 anos sen Carlos Casares
9 marzo 2017
“Minutos antes de morrer bromeu e mesmo botou algunha risa. Era o 9 de marzo pola mañanciña.”
Fai hoxe 15 anos, Carlos Casares marchaba. Nos días e meses seguintes, as mostras de cariño e homenaxe sentida inundaron todos os medios de comunicación. Como reflexo do impacto que supuxo a morte de Carlos Casares, queremos compartir un documento no que se recollen os primeiros artigos saídos do corazón daquelas persoas que compartiron a súa vida nalgún momento: amigos, compañeiros, políticos, persoeiros da cultura de dentro e fóra de Galicia… http://fundacioncarloscasares.org
O seu talento coas letras, o seu talante coas persoas, e a súa ollada tan pegada á infancia que tan ben sabía reflectir nos seus contos infantís, o humor, o cariño, a loita pola lingua, o compromiso por Galicia e pola cultura… Todos estes aspectos aparecen nas seguintes palabras. Moitas grazas.
O texto está recollido da web da Fundación Carlos Casares
Comentarios