O cruceiro

O xesto monacal da pedra
benzoa o acougo da aldea...

Axiónllanse os camiños
abrazados so cruceiro
nunha azul eternidade
de pedra e ceo.

A agonía do solpor
conmove pranto da terra,
e a paisaxe presíñase
con santas cruces de pedra.

A campaíña de prata
do día,
latexa un ángelus
de epifanía.

E o sol agoniante
ven a encravarse na cruz,
abrindo os marelos brazos
como o salvador Xesús.


El crucero

El gesto monacal de la piedra
bendice el sosiego de la alde...

Se arrodillan los caminos
abrazados al crucero
en una azul eternidad
de piedra y cielo.

La agonía del crepúsculo
conmueve el llanto de la tierra,
y el paisaje se santigua
con santas cruces de piedra.

La campanilla de plata
del día,
late un ángelus
de epifanía.

Y el sol agonizante
viene a clavarse en la cruz
abriendo los brazos amarillos
como el salvador Jesús.




Proel
Luís Amado Carballo

Cruceiro da praza de Quiroga. Fotografías de © Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares