A derradeira vida dun gato

Hoxe víronnos pasar
conducindo á velocidade
que empregan só os tolos pilotos de feira.
Un ano sen durmir
apreixado a un enxoito pipote
e a esa cara de nenos que non romperon un prato.
Arrabuñándolle ao tempo o minuto mellor,
brincando á rúa ti e eu,
xa sabes como hai que alixeirar
a derradeira vida dun gato.
A vida dun gato.
Cando sobra o temón
ninguén sabe en que direción
sopra o vento durmindo a sesta en verán.
Deixámonos levar
arrastrados polo furacán,
e esa onda que sempre me volve á area.
Apostándoo todo ao mellor corredor
que nunca será gañador,
xa sabes como hai que xogar
a derradeira vida dun gato.
Arrabuñándolle ao tempo o minuto mellor,
brincando á rúa ti e eu,
xa sabes como hai que apurar
a derradeira vida dun gato.
A vida dun gato.


Aquí no es (Madrid, 2003. Rock Indiana)
José María Granados 

Fotografías Dulces años




Comentarios

Publicacións populares