Capas
Streetnoise (Polydor) 1969
Máis capas: Open (1967), Jools & Brian (1969), Biran Auger's Oblicion Express (1971), 1969 (1971), Second Wind (1972), Closer To It! (1973), Straight Ahead (1974), Reinforcementes (1975), Encore (1978) y Keys To The Heart (1987).
Julie Driscoll, Brian Auger & The Triniy
Portada: Ralph Steadman
Julie Driscoll (1947) e Brian Auger (1939) formaron un dúo musical que demostrou unha especial atracción por jazz, blues, r&b, soul, pop e psicodelia, estilos que aparecen distribuídos no repertorio deste disco dobre e demostrativo da potencia do teclista e o savoir faire da cantante. Streetnoise, a pesar da súa gravación en 1969, representa o nacente rock progresivo que ía ter o seu máximo esplendor na década dos setenta. Driscoll, Auger e Trinity adhírense á fusión ben conducida polos teclados de Brian, quen aproveita a ocasión para meter as súas composicións instrumentais e algunhas cantadas de alto contido jazzístico preñado de r&b. Tropic Capricorn, Ellis Island, Finally Found You Out e Looking In The Eye Of The World son algúns dos exemplos da influencia da música negra sobre o pianista británico. Pola súa banda Julie Driscoll achega varias pezas que resaltan a súa ás veces apaixonada, outras máis profunda voz, como se comproba na reivindicativa Czeshoslovaquia, A Word About Colour ou Vauxhall To Lambert Bridge, menos escoradas cara ao son omnipresente dos teclados de Auger. Por outra banda, recolléronse varias versións de Nina Simone, The Doors e Laura Nyro, entre outros mitos da música popular, así como a reinterpretación de Flesh Failures (Let The Sunshine In), exitosa canción do musical Hair. Aínda que, o devandito, Streetnoise é un álbum moi da súa época, leva moi ben os anos e mantense con dignidade.
Repertorio: Tropic Of Capricorn. Czechosolvaquia. Take Me To The Water. A Word About Colour. Light My Fire. Indian Rope Man. When I Was Young. Flesh Failures (Left The Sunshine In). Ellis Island. In Search Of The Sun. Finally Found You Out. Looking In The Eye Of The World. Vauxhall To Lamberth Bridge. All Blues. I've Got Life. Save The Country.
Músicos: Brian Auger (órgano, piano, piano eléctrico e voz), Juli Driscoll (guitarra acústica e voz), Clive Thacker (batería e percusión), Dave Ambrose (guitarra acústica, baixo e voz).
Máis capas: Open (1967), Jools & Brian (1969), Biran Auger's Oblicion Express (1971), 1969 (1971), Second Wind (1972), Closer To It! (1973), Straight Ahead (1974), Reinforcementes (1975), Encore (1978) y Keys To The Heart (1987).
Comentarios