Capas


True Love Waits Volume Two (Matinée Recordings) 2003
The Pines
Portada: Jimmy

The Pines é o dúo británico formado por Pamela Berry e Joe Brooker que se estreou no selo californiano Matinée cun CD de cinco cancións representativas dun pop exquisito, tanto nas voces como na instrumentación, gravadas en Londres, pezas que adquiren tras a primeira escoita o atractivo dun son intemporal. Guitarras limpas e voces doces e nada estridentes constitúen a base sonora de True Love Waits Volume Two que se abre coa canción a capella titulada Unagrammatical, onde a frescura vocal de Pamela e Joe se esparce polo aire como un elemento natural máis dese ambiente relaxado que enche docemente o tempo mentres soa a melodía.

O intimismo é unha nota característica de todo o repertorio do conciso CD que ofrece en Anita O' Day, ademais dunha homenaxe á inesquecible cantante de jazz, todo un compendio de amorosa compenetración de voz e música que traslada a un espazo entre romántico e calmo. Nunha dirección similar soan Marie Claire, Familiar e The Rest (acústica, longa e deliciosamente agridoce), compostas desde o corazón para describir acontecemento sinxelos non exentos de beleza e melancolía. Case vinte minutos de intimismo musical para acompañar momentos de doce modorra entre sonoridades de brit pop e indie.


Cancións: Ungrammatical. Anita O' Day. Marie Claire. Familiar. The Rest.

Músicos: Pamela Berry (guitarra acústica, teclados, percusión y voz)) y Joe Brooker (guitarras, percusión y voz).

Máis portadas: It's Been A While 2007


Comentarios

Publicacións populares