Capas
Pass The Chicken & Listen (RCA) 1973
The Everly Brothers
Portada: RCA Victor
Portada: RCA Victor
The Everly Brothers (Don e Phil) volveron ser producidos por Chet Atkins no berce do country: Nashvhille. Era unha etapa de auxe dos sons campestres menos ortodoxos que se estaban producindo grazas a un puñado de homes e mulleres que viñan dar zume novo a un estilo tradicional. Os irmáns Everly contaron coa colaboración dos mellores músicos de estudo da época, así como coas cancións de autores en liña ascendente, entre outros, John Prine, Guy Clark, Waylon Jenings, Willie Nelson e Kris Kristofferson, e algunhas de compositores veteranos, entre as que se recolle Not Fade Away, de Buddy Holly, todo un clásico do rock and roll e contemporáneo dos Everly, quen contou coa colaboración do matrimonio F&B Bryant, base dalgúns dos principais éxitos dos irmáns. O disco a pesar de todo non alcanzou o éxito esperado, quizais, aínda que as súas raíces afúndense no country, porque os Everly achéganse máis ao pop coas súas incuestionables voces que, con todo, resultan cribles e con gancho en Lay It Down, Watchin? It Go, Somebody Nobody Knows, A Níkel For the Fiddler e Rocky Top. Mais, Don e Phil, co country tampouco lograron encarrilar a súa carreira discográfica, pois sumidos nunha crise de creatividade a súa continuidade mantívose polos vellos repertorios dos seus mellores anos e por estar considerados lendas viventes doutros tempos.
Apuntamento: Pass The Chicken & Listen púxose á venda en España dentro do dobre elepé Country (RCA), de The Everly Brothers, no que se incluía tamén Stories We Could Tell. A portada do álbum incluía unha fotografía coloreada dos irmáns Everly e ningunha información sobre os discos (músicos, anos de gravación, estudos), pois era dun disco conxuntural relacionado cunha das cíclicas etapas en alza do country rock de Estados Unidos.
Cancións: Lay It Down. Husbands And Wives. Woman Don’t You Try Tie Me Down. Sweet Memories. Ladies Love Outlaws. Not Fade Away. Watchin’ It Go. Paradise. Somebody Nobody Knows. Good-Hearted Woman. A Níkel For The Fiddler. Rocky Top.
Músicos: Phil Everly (guitarra acústica e voz), Don Everly (guitarra acústica e voz), Paul Yandell (guitarra eléctrica e guitarra acústica), Chet Atkins (guitarra acústica), Dale Sellers (guitarra eléctrica, guitarra acústica e dobro), Peter Wade (guitarra eléctrica y guitarra acústica), Bobby Thompson (guitarra acústica y banjo), Weldon Myrick (steel guitar), Harold Rugg (steel guitar), Hargus Robins (piano e órgano), David Brigss (piano), Steve Schaffer (bajo), Ralph Gallant (batería), Johnny Gimble (violín e mandolina).

Máis capas: The Everly Brothers (1958), Fabulous Style Of The Everly Brothers (1960), Both Sides An Evening (1961), Instant Party (1962), Beat And Soul (1965), Two Yanks In England (1966), Roots (1968), Stories We Could Tell (1972), EB 84 (1984), Born Yesterday (1985) e Some Hearts (1989).

Comentarios