Piratas

O capitán do cargueiro holandés esculcaba cos anteollos a inofensiva, elegante embarcación indíxena que avantaba cara a súa dirección.
-É unha drua das illas Fidxi, señor1 -anunciou o vixía.
O capitán ollou para el sorprendido e preguntou:
-Das Fidxi? Pero esas illas están moi lonxe!
O capitán Van Houten era un vello holandés corpulento que lucía mestas patillas e poboada cabeleira branca; encollera co tempo e os ombros caídos e a obesidade facíanlle parece máis rebolo que era en realidade...

O contramestre observaba a escena perplexo. Chamábase Van Herden e era forte coma un boi; navegara sempre co capitán, era o seu gardián, e constituía toda a súa seguranza.

-Capitán ese barco non lle me chista nadiña, teño un mal agoiro! -exclamou Van Herden ao tempo que cuspiñaba unha presada de tabaco e pasaba a lingua polos grosos cairos cun renxer sonoro...

Mentras, no catamarán, Rasputín puxera o casco de oficial da mariña británica e mandara izar a bandeira inglesa.


-Esa bandeira tampouco che me chista nadiña, capitán! Dende cando eses salvaxes se comportan segundo manda o código marítimo...? -engadiu o contramestre mentres cruzaba os brazos sobre o peito...


Novela: Balada do mar salgado, Hugo Pratt 
Páxinas da banda deseñada do mesmo título e autor




Comentarios

Publicacións populares