Terraza de verán

Actualmente as miñas xornadas saben a parva con tostas
que tomo sen vontade
en calquera praza con macetas florecidas.
Os testos tapan a pintura deslucida nunha greta.
Os viandantes pasean deslizando
os seus corpos de verán.

No recanto da terraza
cóntasme a túa última tormenta
Eu escoito
mentres sorbo a escuma amarga dunha cerveza.


A elegancia do século
Pura Tejelo



Comentarios

Publicacións populares