Xogan nenos e nenas de 3 a 7 anos. O que fai de nai pode ser un neno grande ou un adulto que se encontre sentado descansando. O apandante encórbase pra diante e pon a cabeza no colo da nai, a qiue a súa vez tápalle os ollos cas mans ñra que non poida ver nada. De entre os outros participantes acércase un neno de dalle unha palmada nas costas ou un muxicón no cú- Entón a nai pregunta:
-Quen te picou?
-A filla da vella
que por eiquí pasou.
(Oun tamén) - Unha mosquiña
que eqiquí se pousou.
Un apandante érguese e vai en busca do rapaz que pensa lle deu a palmada. Si os nenos son pequerrechos traino só agarrado. Pero si xa son algo grandes teñen que o traer cargado as costas e telo así mentras a nai pregunta:
-Que me traes pra cá?
-Unha saca de fariña.
-Levai para lá
que esa non é miña.
(Ou tamén)
-Que traes pra cá?
-Un saco de lá
-Leavao pra alé
que non tras a verdá.
Eso era o que decía cando non acertaba, e polo tanto triña que levar o rapaza e traer outro, ata dar co que o picou. Entón a nai dí:
-Que me tras pra cá?
-Unha saca de fariña.
-Arrímaia pra lá
que esa sí que é miña.
Como niste caso traía o que deera apalmexada, quedaba iste apandando, e volvíase a reprti-lo xogo.
Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo
Debuxo de Xaime Quessada
Comentarios