Capas
Tim Buckley (1947-1975) entra na escena musical californiana a mediados dos sesenta coa gravación dos seus primeiros discos. O segundo elepé, Goodbye And Hello, realizado en 1967, conta coa presenza de músicos que exploran novas tendencias para aplicalas ao rock de experimentación da época. Nesta liña, Buckley parte do folk para mergullarse na música influenciada pola psicodelia en alza naqueles tempos. Eses sons adornan a potente, evocadora e privilexiada voz do cantante afincado en California, desaparecido prematuramente. Non Man Can Find The War, Carnival Song, Hallucinations e Goodbye And Hello son algúns dos exemplos desa introspección musical e os ruídos que van en compañía da profunda voz -a veces un instrumento máis- que canta os seus versos ou os escritos polo poeta Larry Beckett. Con todo, a faceta máis accesible deste álbum tamén resulta admirable e chea de matices. Once I Was e Morning Glory recollen a esencia folk que Tim Buckley ao que recorre na súa primeira etapa discográfica desde un novo punto de vista e conectado a psicodelia imperante no ano de saída do LP. Uns comezos nos que amosa a súa constante procura de sonoridades inéditas ata entón.
Comentarios