Mentiras habituais de actualidade sobre o Islam e a Península Ibérica

A Península Ibérica foi Al Andalus. Nunca nin  durante  o momento de maior dominio do imperio musulmán. Hai que volver estudar a historia, por certo, outro latín anacrónico -a materia- para os tecnócratas neoliberais que mandan no mundo.




Mentira o dun Shagri La no que agora son zonas de Portugal e España. Os sucesivos califatos e reinos taifas en partes da Península Ibérica aplicaron con contundencia discriminación relixiosa sobre outros credos e maior presión mediante tributos inxustos, principalmente ós xudeus (estes sufriron por partida dobre) e cristiáns, os cales, sobre todo os dos sucesivos reinos nacidos coa Reconquista tamén practicaban o integrismo, a persecución e a matanza do distinto ata o punto de crear as chamadas Cruzadas, outra maneira de expansionismo cruel. 




As tres relixións non conviviron en harmonía, cada unha ía ao seu. E ás veces musulmáns aliábanse con cristiáns, e viceversa, para conquistar, rapinar e matar. Houbo asasinatos en masa, deportacións e cambios de relixión por todas as partes para sobrevivir e tamén para medrar socialmente e economicamente.

Por moi boa arquitectura, agricultura, principios de medicina, filosofía e literatura que deixaron os musulmáns, non evitaron que mudéxares, mozárabes, moriscos e muladíes foran intentos errados de suposta integración. O resultado: léase calquera manual de historia medianamente rigoroso e non tocado por intereses partidistas.


A cohesión musulmá. Outro conto das mil e unha noites. Desde a morte do profeta Mahoma as disidencias levaron a crueis guerras intestinas no seo do Islam. Guerras que continúan hoxe. Basta con informarse medianamente para saber que todos os días morren centos de persoas en todo o mundo na guerra que manteñen sunníes e chiíes. 


© Milenio/Eduardo Salgado

Comentarios

Publicacións populares