Ós viños amantiños
Ós viños amantiños
amorosamente bebidos.
Trago a trago... a modiño,
nos labios o eterno bico do viño.
Paso a paso sen perder o paso,
faise sempre camiño con tino.
Sorbo a sorbo... se facer "o tolo"
alóngase o pracer dun momento,
detense un tempo duro e incerto.
Paso a paso... trago a trago, sempre...!
Dos cantares nas vellas tabernas, Semana Santa de chuvia "pelma" do 2013
Hilario González Fernández
Pintura de Peder Severin Krøyer
Comentarios