Capas

Absolutely Free (Verve) 1967
The Mothers Of Invention
Portada: Ferenc Drobrony, Cal Schenkel e Alice Ochs


Frank Zappa (1940-1993) demostrou co segundo elepé de The Mothers Of Invention que a súa inspiración e obxectivos artísticos non ían de acordo con modas e modos impostos desde a industria discográfica. Absolutely Free resalta as filias e as fobias do músico e compositor norteamericano, quen insistía con máis vehemencia na tendencia a conectar coa música de vangarda rupturista pero acompañada de textos irreverentes, sarcásticos, paródicos e críticos con todo o que se movía ao redor de Zappa, desde o presidente dos Estados Unidos aos hippys que converteron a California en centro de reunión do paz e amor. Non obstante, lonxe da caótica mestura dalgunhas das pezas do álbum, Absolutely Free é unha mostra máis do xenio de Zappa que se move como peixe na auga cando se trata de desenvolver un estilo que se adentra na esencia da música clásica moderna, "Amnesia Vivace" ou "Invocation & Ritual Dance Of The Young Pumpkin", cando non o fai nos ritmos do momento mediante composicións propias non exentas de chiscadelas paródicas como se pode comprobar en "Uncle Bernbies's Farm".

Cancións: Plastic People. The Duke Of Prunes. Amnesia Vivace. The Duke Regains His Chops. Call Any Vegetable. Invocation And Ritual Dance Of The Young Pumpkin. Soft-Sell Conclusion. Big Leg Emma. Why Don'tcha Do Me Right?. America Drinks. Status Back Baby. Uncle Bernie's Farm. Son Of Suzy Creamcheese. Brown Shoes Don't Make It. America Drinks & Goes Home.

Músicos: Frank Zappa (guitarra e voz), Jim Fielder (guitarra e piano), Don Preston (teclados), Ray Collins (pandereta e voz), Bunk Gardner (woodwinds), Roy Estrada (baixo e voz), Jim Black (tambores, caixa e voz), Billy Mundi (tambores, caixa e percusión) y John Balkin (baixo).

Máis capas de discos póstumos dos anos dous mil: FZ:OZ (2002), Halloween DVD-Audio Disc (2003), Joe's Corsage (2004), Joe's Domage (2004) (2004), QuAUDIOPHILIAc DVD-Audio Disc(2004), Joe's XMASage (2005), Imaginary Diseases (2006), Trance-Fusion (2006), The Dub Room Special (2007), Buffalo (2007), Wazzo (2007), One Shot Deal (2008), Joe's Menage (2008) Lumpy Money Project/Objet (2009), Philly' 76 (2009), Greasy Love Songs - An FZ Audio Documentary Project/Object (2010), Congress Shall Make No Lawm (2010), Hammersmith Odeon (2010), Feeding The Monkies At Ma Maison (2011), Carnegie Hall (2011), Road Tapes, Venue #1 (2012), Understanding America (2012), Finer Moments (2012), Aaafnraa Birthday Bundle 21 Dec. 2012: Baby Snakes - The Compleat Soundtrack (2012), Road Tapes, Venue #2 (2013), A Token Of His Extreme (Banda sonora) 2013, Joe’s Camouflage 2014, Roxy By Proxy 2014, Dance Me This 2015, Roxy - Banda sonora (2015), Frank Zappa: 200 Motels - The Suites (2015), Road Tapes, Venue #3 (2016), The Crux Of The Biscuit (2016), Frank Zappa For President (2016), Zappatite –Frank Zappa’s Tastiest Tracks (2016), Little Dot (2016),  Chicago '78 (2016), Meat Light - The Uncle Meat Project/Object Audio Documentary (2016), The Rare Tapes Broadcast Live (2017) e Legendary FM Broadcasts - University Of British Columbia, Canada 1st October 1975 (2017).
















Comentarios

Publicacións populares