MOZA DE ONTE



Girl of the past

Denantes de ser fogar de acollida da moza de onte
presentín a chegada madurez naquel bar 
onde voamos cara á cidade dos salgueiros
bañada polo ponderado Pacífico da baía de SF.
Voa, pequena á, agora que a parca fixo a seitura,
porque sempre a túa liberdade por encima do paraíso,
mesmo cando ocultabas as bágoas limpas
que percorrían a faciana alumada polo sol da malla,
animoume a coller o tren cara a ningunha parte,
anunciante da estación das brumas do outono, 
cando en ablativo ouleaba o teu nome ante os carrís.



Escrito dunha folla que atopei nalgún lugar de Monterey

Fotogramas de Out of the blue e Days of heaven


Comentarios

Publicacións populares