Xoguetes de fabricación manual
Os zancos
Outro brinquedo co que soían pasar os rapaces as tardes de inverno, eran os zancos. Collían a machada do seu pai ían ó monte e cortaban dúas gallas non moi sinxelas de carballo, nas que houbese un bo gallo cerca do fondo. Niste gallo era onde se ía afincar o pé. Debaixo diste deixábase un anaco de pau tanto máis grande canto máis alto se quixera andar nos zancos. Os rapagolos maiores facíanos tan grandes que non podían montar neles dende o chan e tiñan que subir ós mazadoiros de maza-lo liño pra poder encaramarse no alto. Claro que se cae delí, a zambullada é moito máis espectacular.
Se non se encontran as ramas cos ganchos axeitados, pódense coller dous paus dereitos ós que lle craban uns tacos anchos de madeira pra que fagan a función dos gallos.
Podíanse facer apostas e competicións pra ver quen chegaba antes a un determinado lugar montado nos zancos, pero o ordinario era que os rapaces andaran polo pobo, chaporeando no buío, no bulleiros e nocs charcos de auga, facendo a valentía de ver quen era o que se metía no lugar máis fondo da lama das buieiras.
Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo
Debuxos: Xaime Quessada
Comentarios