Can doente

Can homilde i escuro,
can que ladras e lambes
a mau triste do home
crendo que é algo grande


Lámbeme o corazón, fiel can doente,
antigo compañeiro na tristura,
lámbeme o corazón e maila dura
pena de me sentir orfo no abrente.

Lámbeme o peito todo nun repente,
inantes que me troque en cinza escura
sufrindo nas congostras a pavura
de me topar con Dios lonxe da xente.

Lámbeme, meu petís, a carne viva
que aló dentro se torna decotío
nun fatal desacougo que cautiva.

Lámbeme, compañeiro fuxidío...,
xa que oulas (coma min) con voz cativa,
lámbeme todo enteiro, fío a fío.


Nos eidos da bremanza
IV Sopas de burro canso
Fiz Vergara Vilariño


Man’s Best Friend 3rd Place © Polina Ulyanova/The Kennel Club

Comentarios

Publicacións populares