Emigrantes en París


Ela na súa pobreza era belísima.

El díxolle trémulo
o teu pelo é o manto
no que moran as estrelas.

Ela tivo a visión da patria perdida
e desde aquela mirou o seu pelo doutra maneira.

El era esguío, moi alto,
case famélico como eses homes que se encontraban
errantes polos camiños
extraviados na última guerra romántica.

Erguéronse dun recanto os paxaros de súpeto
como unha banda de balotes fuxidíos.

En París imposible non miralos.


A elegancia do século
Pura Tejelo






Comentarios

Publicacións populares