O final da balada
     
Corto Maltés non dixo nada, izou o foque e a elegante embarcación dirixiuse engorde cara ao gris buque de guerra. Pouco despois abaneábase á súa beira. 
     —Eh, princesa! —berrou Corto.
     Pandora asomouse e púxose de cóbados na borda.
     —Bos días, Corto Maltés!
     Era fermosa, tiña toda a beleza radiante e fresca propia da súa idade e a picardía elegante e sutil que a careacterizaba.
     —Que guapa estás! —exclamou Corto—. Non sei por que pero lémbrasme un tango de Arola que escoitei no cabaré da Parda Flora en Buenos Aires.
      —Se cadra porque me asemello a algunha das mozas que había alí...
     O cachemerín achegárase á nave e a cara de Pandora estaba preto da de Corto, aínda que situada un pouco máis abaixo.
      —Non! E precisamente porque non te pareces a ningunha, gustaríame encontrarte sempre, en calquer lugar...
      Pandora perdeuse un instante nese soño, sostivo a ollada que lle chegara ao corazón e os seus beizos dixeron:
      —Non irei con vostede, Corto Maltés.
      —Xa o sei —retrucou Corto cun sorriso que fixo que se lle formaran dúas buratiñas á beiora dos recantos da boca. Quitou a grilanda de flores e colgouna do pescozo de Pandora.
     —Adeus, Pandora!
     —Ata a vista, Corto Maltés!
     O nome quedou suspendido dos seus beizos impedindo que os pechase de todo.
      O cachemarín comezara a se afastar co seu chapuzar e Tarao desanou as amarras da piragua que o levaría de volta a Escondida. 



Corto Maltés. Balada do mar salgado. Hugo Pratt. Novela. 1995
Pormenor do cómic Balada do mar salgado, de Hugo Pratt. Editado por primeira vez en 1967

Comentarios

Publicacións populares