A Casa Usher
Durante un día enteiro de outono, escuro, sombrizo, silandeiro, en que as nubes se cernían opresoras nos ceos, cruzara só, dacabalo, a través dunha extensión monótona de campiña, e ao final atopeime, cando as sombras da noite estendíanse, á vista da melancólica Casa de Usher. Non sei como sucedeu; pero, á primeira vista do edificio, unha sensación de insufrible tristeza penetrou no meu espírito. Digo insufrible, pois aquel sentimento non estaba mitigado por esa emoción case agradábel, por ser poético, con que acolle en xeral o ánimo ata a severidade das naturais imaxes da desolación ou do terror.
A caída da casa Usher
Edgar Allan Poe
Ilustración de Arthur Rackman
Fotograma do filme La chute de la maison Usher (1928), de Jean Epstein
Comentarios