O couto

     Primeiramente hai que demarcar ben os lugares por onde van andar os rapaces, delimitando os currunchos e recantos nos que se poden esconder. Nalgunhas bisbarras chámanlle tamén as escondedelas, coito...

     O que apanda apoiase ca testa e as mans contra unha parede, unha columna ou un carballo, pra non ver ós demais que se esconden. Nesta postura conta en voz alta ata chegar o numero establecido, 50, 100, 120... Ó acabar dirá:

Rou, rou, repinicuo,
escondeivos que alá vou.
Couto por min
e polos que estean arredor de min.

     Entón vai buscar ós que se esconderon. Ó encontrar algún, sae correndo ata parede, lugar de coutar, e dirá en voz alta ¡couto por fulano de tal! Iste xa sae do xogo. 

     Se algún dos escondidos consigue burlar o coutador, e chega primeiro correndo á parede tocándolle ca man, berrará ¡couto por min! Entón sálvase.
     O último que sea coutado será o que apande pra próxima vez.


Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo

Debuxo de Xaime Quessada



Comentarios

Publicacións populares