O reflexo da leña
Sentirse no val afundido
no inverno cos seus finos asubíos de auga.
Agullas metálicas salferindo os pés nús
perseguíndose polos tellados como balas.
Entón rexenérase o mundo
baixa ás trincheiras onde se perdeu a semente e a levanta.
Sobor dos trens e as estacións
que viaxan polos meses de auga
a lúa graxa do maquinista sinala os charcos brillantes.
Unha lúa de falso ouro,
enmarcada, sitúase sobre a postal de auga que escribo.
Agora entran na casa a lúa e a chuvia,
no patín,
abren a porta
e acomodan sobre a leña apiñada.
Un lene reflexo,
mentres observo a postal do inverno.
A elegancia do século
Pura Tejelo
Fotografías de Roque Soto, Zack Segur e Emilio Blanco "Milucho"
Comentarios