Viaxe na enchente da lúa
Aquí sufro un soño aluado,
muda, sen lle poder dicir ó meu ben
que antes que a morte me veña
quero para-la roda do tempo
e renacer entre as súas maos.
Que antes que a morte me chame
hei beber na súa longa ferida
cunha sede talmente vella,
coa súa sede a miña sede
que xuntas non fan máis que unha.
Porque hei ser anaco de mar
recén parido, mel, froitos e viño,
terra aberta no recoveco
dos brazos do meu grande amor
antes que a morte me vexa.
Pilar Cibreiro
Fotografías de © Arne Svenson
Comentarios