Capas


King of the Delta Blues Singers, Vol. 2 (Columbia). Robert Johnson (1911-1938) é uno dos primeros mitos do blues, do mesmo xeito que Louis Armstrong no caso do jazz. Nacido en Hazlehurst (Misisipi) e como a maioría de seus paisanos que elixiron a difusión da “música do demo”, como se denominaba o blues fóra do seu  ámbito racial, Johnson levou unha vida errante desde adolescente que lle permitiu familiarizarse co estilo musical que lle daría fama e, de paso, coñecer os principais bluesmen. Deles absorbeu o mellor, debido ao talento de Robert para tocar a guitarra, compoñer e cantar, polo que non é estraño que desde novo coñecese o éxito en calquera lugar ao que acudise para actuar. 

Tras a súa prematura morte, a súa fama aumentou e a súa figura foi motivo de estudos, películas, pinturas, cómics e música. Moitas xeracións de guitarristas recoñeceron a influencia de Johnson, en especial os músicos novos do blues rock dos sesenta e setenta, sen esquecermos tampouco aos bluesmen negros de todos os tempos. Robert Johnson é, sen dúbida, unha das figuras da música popular do século XX. As cancións incluídas neste segundo recompilatorio foron gravadas no Hotel Gunter de San Antonio, Texas en novembro de 1936. As composicións son clásicas do blues gravadas e reinterpretadas periodicamente desde a súa difusión ata os nosos días. A portada do disco recopilatorio de 1970, é obra de Tom Wilson, quen recolle nunha estampa de época a Robert Johnson cantando ante un micrófono colocado contra unha das esquinas do cuarto do hotel onde se levou a cabo a gravación deste recompilatorio.

Canciones: “Kindhearted Woman Blues”, “Dust My Broom”, “Sweet Home Chicago”, “Rambling on My Mind”, “Phonograph Blues”, “They’re Red Hot”, “Dead Shrimp Blues”, “Preaching Blues (Up Jumped the Devil)”, “I’m a Steady Rollin’ Man”, “From Four Till Late”, “Little Queen of Spades”, “Malted Milk”, “Drunken Hearted Man”, “Stop Breakin’ Down Blues”, “Honeymoon Blues” y “Love in Vain”.

Músicos: Robert Johnson (voz e guitarra).


Outras portadas: “King of the Delta Blues Singer, Vol 1. (1966) e The Complete Recordings (1990).


Robert Johnson con guitarra ao lado de Johnny Shines


© Robert Crumb



Comentarios

Publicacións populares