E fun, entón, e deiteime...

Si, fun, entón e deiteime
entón eu (con todo todo arrededor,
o son sombrío, profundo
da chuvia, e de sempre, e de ningures
e branco)
que doce acolledora escuridade!)
E fun, entón, e dicindo
(decontra unha aspereza máis que
decontra unha música)
sentado que o sol é
(a vida e o día son)
emprestado somentes,
namentres que a noite é dada
(a noite, e a morte e a chiva dadas,
e dada relucinte, tamén si é neve)
e fun, entón, e deiteime
pra soñar (nada que eu, ou calisquer,
ou vós mesmo poida comezar a
imaxinar)
algunha cousa que naide poida esconder,
e fun entón, e deiteime
pra soñar coa primavera.


Edward Estlin Cummings

Estatuas submariñas de © Jason DeCaires Taylor


Comentarios

Publicacións populares