Inverno

Como lobos nunha estación seca
Xerminamos por todas as partes
Amando a chuvia,
Adorando o outono.
Un día mesmo pensamos en mandar
Unha carta de agradecemento ao ceo
E en lugar dun selo
Pegalo
Unha folla de outono.
Criamos que as montañas se esvaecerían,
Os mares esvaeceríanse,
As civilizacións esvaeceríanse
Pero permanecería o amor.
De pronto separámonos:
A ela gústanlle os grandes sofás
E a min gústanme os grandes barcos,
A ela gústalle murmurar e suspirar nos cafés
E a min gústame saltar e berrar nas rúas.
A pesar de todo
Os meus brazos ábrense ao universo
Esperándoa.



A alegría non é a miña profesión
Muhammad Al Magut

Fotografías © Return to Homs (documental)  e Unicef

Comentarios

Publicacións populares