Letras Galegas 2018
Vinte partir no tren do meu desvelo,
vinte sulcar desertos e restrollos
e a miña arela, presa entre ferrollos,
ficou exangüe na estación de xeo.
Vin que choraban en pranto paralelo
as vías e os andéns cando os abrollos
esgazaban, crueis, ante os meus ollos
a luz de neve do incerto pesadelo.
Era un tren de pesares, chumbo e frío,
un tremor de faíscas, ferro e fume.
Era un adeus de ferro e de soidade.
E eu agora a sombra do arrepío,
a traza dun anceio, eco de fume
esfiañado en afán de eternidade.
Elexías de luz
María Victoria Moreno
Fotografías de Maarten Van Der Velden, Jeffrey S. Smith, George Tr e Axel Boizer, recollidas en RailPictures. Net
Comentarios