O viaxeiro de vocación é un alma oposta ao asceta e ao estoico

Porque as viaxes son incentivo de renovación; inquietude e laboriosidade inimigas de toda sorte de ferralla, oxidación e mofo; lume e trade de percusión con que se refán as ideas e os sentimentos, adoitan miralos con desvío os que propenden a asegurar a constancia da personalidade polas cadeas dunha vida votiva, esquiva e inmutable. A variedade no escenario da vida non se comprace coa mortal permanencia das cousas de dentro.

O viaxeiro de instinto é, na historia natural das almas, unha especie antagónica das do asceta e o estoico. Lembra como o estoicismo de Séneca trona nas Cartas a Lucilio contra os que pensan, viaxando, variar de alma, "coma se non viaxasen en compañía deles mesmos"; e lembra a Kempis cando ensina que "a imaxinación e mudanza de lugar a moitos deron engano".



Cartas a Proteo
José Enrique Rodó (1871-1917)





Comentarios

Publicacións populares