Que soe o teu chifre, tren de carga

Ese tren de carga que vai A San Clodio,
Ten un feitizo que...para min,
Ai, faime pensar na boa vida do pasado,
Non ves que faime sentirme tan só.
Que soe teu chifre, tren de carga,
Lévame contigo polas vías,
Que soe teu chifre,
Teño ganas de viaxar.
Teño idea de que desexo vagabundear,
Pero sei que xa non pode ser,
Supoño que terei que escoitar esa máquina
Cantándome esta canción solitaria:
Que soe teu chifre, tren de carga,
Lévame contigo polas vías
Que soe teu chifre,
Teño ganas de viaxar.
Ese tren de carga que vai A San Clodio,
Ten un feitizo que...para min,
Ai, faime pensar na boa vida do pasado,
Non ves que faime sentirme tan só.
Si, que soe teu chifre, tren de carga,
Lévame contigo polas vías
Que soe teu chifre,
Teño ganas de viaxar
Teño ganas de viaxar.


Malos tempos no país (Hard Times In The Country)


Happy & Artie Traum, que adaptaron a vella peza Blow Your Wistle, Freight Train, dos Delmore Brothers, a cal pasei ao galego do meu pobo. Si, do meu pobo, que ten estación de ferrocarril, que vai, cara a Valdeorras e O Bierzo, despois da de San Clodio, e antes da de Montefurado.

Fotografías de © Antonio Vidal


Comentarios

Publicacións populares